Bolsa de remuda de negocios

Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas
Data límite para a remuda 01/10/2024
Polo O Carballiño

Lenceria Lirio

Desde a súa apertura en 1991, Lenzaría Lirio, converteuse nun referente en calidade, estilo e servizo na comarca. Cunha dedicación inquebrantable ao longo dos anos, cultivamos unha clientela fiel que valora a excelencia en cada detalle.

Un establecemento ofrécese unha coidada selección de produtos das mellores marcas, cada un elixido meticulosamente para garantir tanto a comodidade como o estilo. Ampla gama de opcións, desde o clásico ata as últimas tendencias, asegurando que cada cliente atope exactamente o que busca. Combinación de calidade, variedade e atención ao cliente.

VOLVER